El contenido de esta página requiere una versión más reciente de Adobe Flash Player.

Obtener Adobe Flash Player




Obtén Flash Player
para ver este rotativo.
Está en: Inicio | Subvenciones| Galicia
   
   - Biomasa 2014
 
 

Subvencións AGADER a proxectos de biomasa 2014

As subvencións de caldeiras de pellets poden chegar ata o 75% do custo!!

Inicio solicitude: 16 de maio de 2014

Fin solicitude: 16 de xuño de 2014

Concepto

Regular a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para os proxectos de equipamentos térmicos de biomasa executados en Galicia.

Inscrición de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes comeza o día 16 de maio, e permanecerá aberto ata o día 16 de xuño de 2014 (a reserva de fondos previa poderase facer a través da aplicación informática desde as 9:00 h do 16 de maio ata as 14:00 h do 16 de xuño).

Unha vez cubertos e confirmados os formularios, as solicitudes poderán presentarse en formato electrónico, ante o Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia ou en formato papel no Rexistro Único de AGADER, sito no Lugar de A Barcia, 56 Laraño, 15897 en Santiago de Compostela ou polos restantes medios previstos no artigo 38.4 º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (en diante, Lei 30/1992).

Concesión de axudas

A concesión da axuda farase por rigorosa orde de reserva de fondos a través da correspondente aplicación informática, e quedará confirmada coa presentación da solicitude.

Os expedientes correspondentes a solicitudes que reúnan todos os requirimentos destas bases, para os que non existan fondos suficientes para poder acceder á axuda no momento de realizar a reserva de fondos, permanecerán na listaxe de espera que polo seu beneficiario lles corresponda, ordenada por rigorosa orde segundo o momento no que se efectúe dita reserva de fondos na aplicación informática. Estes expedientes poderán obter axudas no caso de que se produzan liberacións de axudas reservadas a outros expedientes.

Período de actuacións subvencionables

Co fin de incentivar o uso das caldeiras de biomasa, o período de execución dos investimentos comeza unha vez que se teña efectuado a solicitude de axuda ante esta entidade, e rematará en función dos prazos seguintes, contados desde o día seguinte á notificación da resolución de concesión:

-    Equipamentos térmicos de biomasa nas administracións públicas 5 meses (3+2).

-    Resto das instalacións non incluídas na tipoloxía anterior: 3 meses.

Os xustificantes de gasto e de pago terán que estar comprendidos dentro do período de execución dos investimentos, é dicir, a partir do día da solicitude de axuda e ata aquel en que remate o prazo que lle corresponde á instalación, e sempre co límite do día 31 de outubro de 2014.

Beneficiarios

a) As Entidades locais de Galicia e entidades dela dependentes.

b) A administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e as entidades instrumentais dela dependentes.

c) As persoas físicas ou xurídicas de dereito privado, as súas agrupacións e asociacións.

Contía máxima da axuda

A contía máxima de axuda, segundo o tipo de beneficiario, será a seguinte:

- Entidades Locais: 80%

- Sector público autonómico: 100%

- Persoas físicas e institucións sin ánimo de lucro: 75%

- Pequenas e medianas empresas: 75%

Enerzia ©
¿Quienes somos? | Contacto | Política | Aviso Legal